Temos futuro no rural.

Hoxe puxemos a primeira pedra do noso futuro, ese futuro que os nosos devanceiros han de construir. Xa teñen os pilares do coñecemento nunha biblioteca que vai a ser a envexa da comarca.

Ademais de ser moi acolledora, temos o agarimo da madeira que transportanos a recordos de lareiras en noites de inverno. Eses contos o redor do lume e da leña.

Cantas veces de meniña eu escoitaba o meu avó as súas historias de xuventude, unhas historias de emigrantes en terra lonxana.

Contábame como fora a súa vida no Brasil, e as aventuras no barco. Como mandaba todo o diñeiro para a avoa; que quedara soa con dúas fillas e o traballo do campo. Qué recordos!.

Que sorte ter ésta biblioteca onde poder refrescar o vivido; e que ledicia que haxa xente que lle importe a cultura.

O acto foi moi revelador coas palabras dunha gran escritora, que soubo tocar ás emocións da xente alí presente.

O noso alcalde tamén soubo insuflar un sentimento de ledicia, despois da traxedia do lume. Encheu os nosos corazóns de esperanza nun rexurdir entre as cinzas.

O ambiente era optimo para que tocaran as Pandereiteiras de Vide, todo era moi enxebre e moi galego.

IMG_20171119_131729.jpg

Galegos coma nos sentimos os do rural, que moitos foron emigrantes en terras lonxanas e agora queren construir o futuro nunhas Neves nova. Unhas Neves que vai cós tempos, pero que non olvide raices. Que esas fotos de vidas vividas esten no noso arquivo da nosa xenética.

Asi somos os do rural, avanzamos e non olvidamos; porque as raíces suxeitanos a nosa terra galega.

Ruralízate. Imos.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s