A violencia de xénero.

O sábado foi o día de non a violencia de xénero.

Tódolos días nas noticias escoito como moitas mulleres son asasinadas polos seus maridos; ésta é unha lacra enfermiza na nosa sociedade.

As mulleres somos ás máis perxudicadas nesta situación; de pequenas na familia xa te alertan dicindo: “non vaias por sitios escuros, non fales con estraños”….

Mais non te din que o home que tes tódalas noites o teu carón na cama é o que che vai matar.

Moitas non morren, mais morren en vida; quedan mortas de voluntade e son sometidas o poder do marido. Sofren palizas e choran en silencio na soedade do seu fogar.

Moitas son as mulleres do rural que sofriron os golpes do macho dominante; sí dominante, porque é como se sinten eles. Fante pequena para que non fuxas das redes, para poder dicir os amigos: “A miña teñoa na casa.”

E por todo isto que a nosa xeración ten que tentar cambiar as cousas, ten que facer que a loita das nosas avoas non sexa en van.

Álvaro Cunqueiro no seu libro “Flor de diversos”, traduce o galego un poema do escritor Paul Éluard que reflexa o sentimento desas mulleres.

Violencia

A violencia dos ventos mar adentro

navíos de bellas formas

unha morada permanente

e armas para defenderse

unha praia deserta

un tiro soio un tiro

sorpresa do pai

morto fai moito tempo.

Por todas esas mulleres que sufriron ás torturas dos homes, que aínda asi loitaron para manter o seu sangue nos fillos. E por eses fillos que foron axuste de contas para os homes.

Imos.

Anuncios

4 respuestas a “A violencia de xénero.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s