A chegada de novas boas.

Levo días sen escribir, máis mereceu a espera. Xa temos mais mobles na escola.

Andamos moi atareadas esta semán coa colocación de estanterias, sillas, mesas…; todo un luxo no local.

Grazas todo ao noso Papa Noel do rural; que vendo a necesidade da escola, quixo agasallarnos con tan ledo presente. Boa falla facía, pois temos unha morea de libros, que tíñamos medo que a humedad os deteriorase.

Agora queremos que os socios da asociación poidan disfrutalos como se merecen. Son todos libros de consulta de gran interés; e como todos sabedes a lectura e cultura.

Nun futuro faremos un inventario e levaredes os libros a casa, como nunha biblioteca. É unha labor ambiciosa, mais sen metas non se traballa.

O noso Papa Noel deixouse engatusar pola nosa secretaria Ánxeles e a nosa vogal Isa, e a pouco máis baleiran As Neves.

Eu xa lle dixen que non se fiara, que estas dúas xuntas son perigosas; que non levaron o trineo porque lle teñen medo aos renos. Boa Navidad ía ser sen Papa Noel.

Agora esperade uns días máis, que o venres na festa veredes o resultado; e xa diredes o que vos parece.

Faime moita ilusión que gustedes da vosa escola, mais non olvidedes de darlle as grazas a Papa Noel pola premura do agasallo.

Xa sabedes, o venres festa rachada. Ímolo pasar de medo.

Imos. Ruralízate.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s