O pobo avanza.

Moitos dos que estades fora, viredes neste Entroido ou na Semana Santa; para que non vos colla de sorpresa quero que vexades o que avanzamos no pobo.

Como vedes temos ós contenedores recollidos en zonas co seu cartel informativo, para que poidades tirar os residuos sen erros; agora non temos escusa para coidar o medio ambiente. O coidado da natureza é cousa de todos, e o noso pobo meréceo, asi que colaborade. É moi fermoso ver a paisaxe do noso monte sen papeis e plásticos; non matemos a nosa nai terra.

Tamén contamos coas novas sinais, que como vedes sonche claras e altas. Agora non perderemos ás ambulancias polos camiños, e todos teremos unha atención máis rápida e eficiente.

Na miña opinión, era moi demandado polo rural; xa que non só nos casos extremos, tamén na vida cotiá freaba o desenrolo das nosas vidas. O noso pobo avanza.

Nas zonas máis perigosas temos badens e pasos de peatóns, coas ás súas sinais de velocidade; que o noso é un pobo tranquilo e queremos que a xente e os animais podan ir pola estrada sen perigos. Temos nenos, poucos, mais se temos seguridade, todos estamos máis tranquilos.

Como vedes pasiño a pasiño imos mellorando o noso rural; que non temos ós avances dás ciudades, pero vivimos máis sans e máis ledos e xa lle gustaría a eles vivir neste rural coas comodidades que temos.

Imos. Ruralízate!.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s