Festa do Entroido na escola.

Onte fixemos a festa do entroido na nosa escola. Foi unha festa tanto para socios como non socios.

Quixemos facer uns pinchos só, e case facemos unha merenda- cea; tíñamos de pratos frios o típico para os nenos, patatillas, queixo, cortezas…, máis o forte empezou cos pratos quentes. De primeiro un xamón asado, logo orella de porco e despois chourizo frito.

Coa orella foisenos un pouco a man co pimentón picante, e en vez de festa parecia o enterro da orella. Menos mal que Eugenio tivo a idea de lavala orella na propia auga de cocela.

Nos postres tivemos orella das outras, filloas e roscón.

As bebidas eran refrescos e viño tinto e branco; todo da casa.

Tamen a nosa secretaria fixo entrega a Inma da cacheira, o lacón e os chourizos, cos que foi agraciada; premio merecido como nova socia con sorte.

Como vedes as festas van sendo soadas e a xente levou as roupas que conviñan no evento.

Tíñamos moitos nenos xogando, moi ben difrazados; non os saco nas fotos por protexelos, mais quedo con pena, pois algúns ían moi guapiños.

A nosa asociación xa está a crecer e contamos con 55 socios; despois desta festa ouvo algúns que suviron o carro.

A xente da directiva está a traballar a reo nesta nova etapa, e sonche moi traballadores e moi bos todos. Da moito gusto ter xente desta feita o meu carón!!.

Imos. Ruralízate!.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s