“E veu o lume”.

IMG-20180217-WA0006.jpg

Hoxe tivo lugar no auditorio das Neves a presentación do gran descubrimento que trouxo o lume a esta terra. O gran Xosé Lois Vilar falounos dos equinos gravados, de cans, de homes armados enriba e debaixo; de como os nosos montes fálannos dunha historia que non contan os libros, senón as historias dos ancestros.

As Neves é unha terra que co Baixo- Miño e norte de Portugal ten unha franxa de unión dende o Paleolítico.

En tódolos descubrimentos sempre falábase de cervos gravados, e nesta zona son homes enriba de equinos ( cabalos sen evolucionar), e cans cazando cos homes que levan armas.

As nosas pedras falan dunha historia de loita e supervivencia, as cinzas deixaron ver a grandeza de As Neves.

Despois nos puxeron o video ” E veu o lume”, un son que chega á alma; que fai sentir a sangue nas venas, que choran os ollos co sentimento. Grandes verbas que saen de Tino Baz!.

Despois da súa actuación o corpo pedíame darlle a enoraboa pola súa pasión, polas palabras, polas cancións…pola calor que deu a nosa xente. A súa voz berraba xustiza e liberdade; daba folgos de loita.

Grazas por facer unha tarde- noite tan emotiva.

Recomendo que miredes o video.

Imos. Ruralízate!.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s