Sempre Rosalía.

Hoxe pola tarde celebramos o día de Rosalía; a tarde erache soleada e a xente reuniuse a escoitar poemas dela co son de “Xardín desordenado”. Unha gran idea darlle vida coa música ás verbas que ela plasmou nos seus poemas.

Rosalía foi unha cronista de sentimento, unha muller que vivía a realidade do século XIX. Ela defendeu a muller dese século; esa muller que non podia avanzar intelectualmente porque o home era o que levaba o timón, mentres ela sufría a dor da morte dalgún dos fillos; que naquela época era moi alta a mortalidade dos nenos.

Rosalía tamén loito pola nosa língua, sendo unha revolucionaria nesa sociedade. Ela non se deixaba atar con convencionalismos nin con normas establecidas; queria falar na súa lingua natal. Aquela que falaba cando era nena, aínda que a súa nai Teresa non a quixo ata os dez anos.

Ela foi unha nena de nai de noble familia e pai cura; que nese século erache mal visto. Grazas as súas tías e a súa madriña, Rosalía non pisou o orfanato.

Xa cando era moza a nai a levou a Santiago de Compostela, onde colleu os coñecementos para máis adiante poder realizar os fermosos poemas que nos regalou.

Otro dos temas moi usado nos seus escritos foi o mar; ela tiña unha atracción, non sei se fatal ou non, por ese mar que te atrapa e te mece. Ata no día da súa morte pediulle a súa filla que lle abrise a ventá para velo mar; cousa imposibel no seu cuarto de Padrón. Mais ela puido disfrutar del antes de morer, cando unha semana antes pasou uns dias camiñando tódalas tardes a carón do mar.

Rosalía é a musa de tódolos galegos que sinten a súa terra; como non recordarla con éstas humildes verbas que aqui escribo.

Imos. Ruralízate!.

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s