Comezo de ilusións no rural.

img_20180430_193432-136973928.jpg

O xoves 24 demos comezo ao obradoiro de plantas; decidiuse que fose os xoves de cinco a sete, xa que o grupo sería máis numeroso, e o obradoiro é moi interesante.

 

Tivemos a visita da diputada de cohesión social Digna Rivas e a do noso alcalde Xose. Foi unha tarde de charla distendida o redor dun café con pastas.

Toda a directiva andivo ben atareada repartindo café e pastas aos asistentes; mentres eu falaba cas autoridades.

Coñecín unha diputada moi implicada cas necesidades sociais do rural e o mesmo tempo preocupada en que o curso sexa do noso agrado e non dubidemos en dar queixas se non nos satisface.

 

O remate do acto, a deputada foi agasallada ca nosa primeira revista e unha orquídea; que según comentarios dela, é a súa cor favorita.

Tamén a nosa escritora María Gil Cuña deulle un exemplar do seu libro “Lembranzas e agarimos”; que é un poemario de tristuras e ledicias vividas en primeira persoa. Comentoulle que anda a traballar nun libro de lembranzas da súa infancia e as costumes do pobo e os avances surdidos no rural.

 

Esa tarde descubrimos a cercanía do noso alcalde ca xente do rural, e felicitou a toda a directiva pola labor que estamos a realizar en San Cibrán. O único que tiven que recordarlle, a él e a diputada, que toda esta labor foi grazas a súa confianza nunha persoa enferma físicamente, mais con enerxía mental e con este grupo o meu carón; fixemos que San Cibrán teña vida o redor da escola.

img-20180524-wa0005-12076842677.jpg

A derradeira foto reflexa a ledicia da xente nesa tarde de luz en San Cibrán.

Grazas a todos por participar.

Imos. Ruralízate!.

 

 

Anuncios

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s