Fiadeiro.

Hoxe oubo festa rachada en Vide. Un fiadeiro que como todo-los anos tivo gran afluencia de xente. O tempo acompañou a festa, nin frío, nin calor. Viñeron xentes de todo o contorno; e que a comida e a troula chama a xente. Viandas a esgalla, viño do bo, e que me decides dos postres…un éxito. … More Fiadeiro.

San Nomedio ledo.

  Hoxe o pobo unido puxo ás árbores onde teñen que estar. Plantáronse catrocentas árbores no monte de San Nomedio para ter o monte ledo e fermoso; poida que o oito de agosto sintas as sombras no teu día. Querido monte o día non era propicio polo tempo, mais as ganas eran moitas e as … More San Nomedio ledo.

Sempre Rosalía.

Hoxe pola tarde celebramos o día de Rosalía; a tarde erache soleada e a xente reuniuse a escoitar poemas dela co son de “Xardín desordenado”. Unha gran idea darlle vida coa música ás verbas que ela plasmou nos seus poemas. Rosalía foi unha cronista de sentimento, unha muller que vivía a realidade do século XIX. … More Sempre Rosalía.

Noite de Reis.

No rural tamén chegan os Reis, ainda que chegan en cabalo que son animais máis acostumados a nosa terra. Os nenos acompañan a comitiva collendo os caramelos que votan os axudantes; e o burro nas alforxas leva as ilusión de moitos nenos do rural. Nenos que esta noite durmiran pensando en o novo espertar en … More Noite de Reis.

Nadal no rural.

Onte na escola de San Cibrán celebramos o Nadal o grande. A festa foiche soada, viandas a esgalla e ata o viño érache do mellor. Tódolos socios comeron, beberon e cantaron paixoliñas. Tamen fíxose entrega da cesta do Nadal, que lle tocou a Carolina; como era de esperar a entregou o alcalde. O cal compartiu … More Nadal no rural.